Ponteareas colga na web do Concello as bases das axudas aos negocios

Ponteareas | O goberno de Ponteareas (BNG-PSOE) informa que xa están colgadas as bases para a concesión das axudas económicas aos negocios do concello de Ponteareas afectados pola declaración do estado de alarma polo COVID-19.

Na páxina web do Concello, no botón “Axudas directas COVID-19” ou premendo directamente nesta ligazón, os e as interesadas poderán acceder ás bases e anexos desta axuda directa https://ponteareas.gal/axudas-directas/

Deberán solicitarse de forma telemática a través da sede electrónica do Concello a partir do martes día 5 ás oito da mañá (xa que serán publicadas as bases no Boletín Oficial da Provincia o luns día 4 de maio). Todas as persoas que o precisen poderán informarse no correo electrónico axudadirecta@ponteareas.gal ou telefónicamente de luns a venres de 9 a 14 horas no número de teléfono 687 209 961.