A Deputación de Pontevedra paraliza toda a obra pública no cumprimento do novo Real Decreto

As brigadas provinciais continuarán a traballar por quendas para atender calquera incidencia nas infraestruturas provinciais O goberno mantén as visitas aos concellos para certificar obras xa rematadas a fin de poder pagar ás empresas que as fixeron e seguir agarantir a súa liquidez

Pontevedra | A Deputación de Pontevedra paralizará desde este luns toda obra pública para cumprir co novo Real Decreto Lei do Estado na loita común contra a crise sanitaria provocada polo coronavirus. A decisión foi o principal acordo da reunión do Comité de Seguimento, que se reuniu esta mañá, coa presidencia de Carmela Silva e a vicepresidencia de César Mosquera, para coñecer en profundidade o Real Decreto e tomar medidas de aplicación.

No caso das infraestruturas, hai que engadir que cesan tamén todos os traballos de seguimento das obras, salvo as que sexan estritamente necesarias para garantir as medidas de seguridade. Polo contrario, o goberno provincial si
manterá as visitas de persoal técnico da institución, reforzando ao extremo as medidas sanitarias de protección, para certificar obras xa rematadas nos concellos a fin de poder pagar ás empresas que as fixeron e seguir a garantir a súa liquidez. Pola súa banda, mantense as quendas das brigadas, que continúan a traballar como servizo esencial, para a atención de calquera incidencia nas infraestruturas provinciais.

A outra novidade con respecto a situación actual, é a suspensión dos traballos de mantemento que se viñan facendo nos campos de fútbol da provincia solicitados polos Concellos. Esta labor paralízase desde hoxe ata que a
situación sanitaria o permita.

No resto dos departamentos da Deputación de Pontevedra, o novo Real Decreto non afecta no seu funcionamento interno, xa que os servizos esenciais mantense os mesmos que xa se dispuxo a resolución presidencial da institución provincial do 16 de marzo, tales como Príncipe Felipe, Mouriscade, Areeiro, Caan, etc…

En calquera caso, as Xefaturas de Servizo xa dispoñían naquela resolución presidencial da atribución para reorganizar o seu funcionamento de maneira que o traballo presencial sexa o mínimo indispensable. Hai que lembrar que case 600 traballadoras e traballadores da Deputación de Pontevedra xa veñen traballando en remoto nos seus domicilios desde a entrada en vigor do Estado de Alarma