Certame de Fotografía “Viaxando”

Exposición de artesanía na Casa da Cultura de Salceda de Caselas
Salceda de Caselas | No V Certame de Fotografía Viaxando, organizado pola Casa da Xuventude de Tui, e as Oficinas Municipais de Información Xuvenil de Salceda de Caselas, A Guarda, O Rosal, Tomiño, O Porriño, Gondomar e Baiona, foron presentados finalmente 28 traballos.
O xurado formado por distintos fotógrafos da vila de Baiona, decidiu por maioría conceder o único premio a salcedense Noemí Gago Antón pola súa fotografía .Hora do whisky en Praga. Hai que destacar que é a terceira vez en cinco edicións do certame que o gañador/a é un veciño/a do municipio de Salceda.
O xurado fixo tamén unha mención á fotografía .Sen Título”. presentada polo
guardés Alberto Pena Lomba.
A exposición de tódolos traballos presentados inaugúrase o luns 4 de xuño na Casa da Cultura A.D. R. Castelao de Salceda de Caselas, alí estará ata o día 15 do mesmo. Esta exposición está integrada no OUTONO FOTOGRAFICO organizado pola Casa da Xuventude de Ourense e que este ano celebra o seu 30 Aniversario.
A exposición leva dende outubro por todos os concellos organizadores a través das súas OMIX. Na casa da cultura de Salceda poderase acceder no horario de apertura da mesma que é de 9:00 a 8:30.