A Conselleira de Sanidade comprométese co Alcalde de Salceda a licitar o novo Centro de Saúde no ano 2013.


Salceda de Caselas |O Alcalde, Marcos Besada, e o Concelleiro de Vías e Obras, Fortunato Álvarez, mantiveron unha reunión coa Conselleira de Sanidade Rosa Mosqueira co fin de definir o “libro de ruta” para a construcción do novo Centro de Saúde de Salceda de Caselas.
O Concello de Salceda de Caselas cedeu gratuítamente ao Servizo Galego de Sáude, en sesión plenaria celebrada o 12 de maio do 2011, a propiedade dunha parcela dunha superficie de 3.001,75m2, destinada polo planeamento á construcción do Novo Centro de Saúde de Salceda. Solicitábaselle, así mesmo que comunicara ao Concello de Salceda a aceptación de dita cesión afectada como dominio público á construcción do Novo Centro de saúde.
Estos terreos, sitos na Devesa, foron obtidos en propiedade o 22 de decembro de 2010 mediante a ocupación directa dos terreos.
O 5 de maio de 2010 o SERGAS déralle o visto e prace á parcela ofrecida polo Concello obtida por ocupación directa, solicitou a posta a disposición para a normal execución das obras. O xerente de atención primaria, da área de Vigo, do SERGAS, Javier Caramés, manifestoulle ó alcalde, concelleiros e á Plataforma en defensa dos servizos sanitarios de Salceda, que o Centro de Saúde de Salceda era, e segue sendo, prioridade número un para este organismo.
O Concello comprometeuse a asumir os gastos derivados da urbanización e facer chegar as infraestruturas necesarias ó Centro de Saúde que serán simultáneas á súa construción, como en calquera licencia. Os sistemas de abastecemento de auga e saneamento, subministro eléctrico, alumeado e telefonía xa están a pé de parcela, na Rúa Martires de Sobredo.
Na reunión quedou clara a urxencia da construcción do Novo Centro de Saúde, que satisfaga as necesidades dos 8.919 veciños e veciñas que residen actualmente en Salceda, especialmente da poboación infantil de 1.527 nenos e nenas (0-14 anos). En total os facultativos do actual Centro de Saúde asisten a 7.750 persoas e todos os médicos de Salceda teñen asignados a máis de 1.500 cartillas.
O caso máis urxente corresponde á única pediatra do centro, que atende a 1.270 nenos e nenas, cando o máximo aconsellado é de 1.000. Dada esta saturación do servizo de pediatría, plantexouse á Conselleira a busca de solucións como a incorporación dunha segunda pediatra, que a Conselleira quedou en estudar.
A Conselleira de Sanidade Rocío Mosquera comprometeuse en primeiro lugar á recepción da parcela, polo Consello da Xunta, antes do verán, e de cara a fin de ano do 2012 orzamentar, dentro do segundo grupo de Centros de Saúde que a Consellaría ten previsto licitar polo sistema público-privado no ano 2013, a construcción simultáneamente de cinco ou seis centros de saúde pendentes, entre outros, xunto co de Salceda de Caselas, os de Hío (Cangas) e Pobra do Caramiñal. Marcos Besada, Alcalde de Salceda de Caselas, agradeceu os compromisos adquiridos, mais deixou claro a necesidade de que se cumplan. “Máis de 1.100 veciños e veciñas, deles 257 nenos e nenas, nestes momentos acuden aos Centros de Saúde de concellos veciños ante a saturación do actual centro construído no ano 1985. O Concello xa cumpriu coa cesión da parcela, agora o SERGAS debe cumprir cos veciños e veciñas de Salceda, coa máxima urxencia posible”.