I Roteiro de coñece o teu entorno

A Concellaría de Medio Ambiente de Salceda de Caselas realizará o I Roteiro de coñece o teu entorno, que ten coma fin fomentar e coidar do ambiente en contacto coa natureza e paisaxe que forma parte do noso entorno.
O evento terá lugar o sábado 21 ás 9:30 da mañá, tendo como punto de encontro a Praza do Concello, dende onde partiremos cara o inicio do roteiro en As Pontes da senda dos Muíños do río Caselas.
Para inscribirse nesta actividade pódese facer a través de secretariaalcaldia@salcedadecaselas.es ou na omix@salcedadecaselas.es, estando dispoñible na nosa páxina web e na páxina de correr en Galicia toda a información necesaria sobre a ruta, onde se especifica o percorrido e os datos que se deben aportar para realizar a inscripción.
O Concelleiro de Medio Ambiente, Cándido Lorenzo asegura que “Ademáis de ser unha excusa perfecta para realizar actividades deportivas, este acto ten tamén como finalidade realizar actividades cos veciños e veciñas da vila para fomentar o contacto social dentro da mesma e ter un maior coñecemento da área que os rodea e das rutas de sendeirismo que existen na vila”.