3.500 persoas participan na manifestación en apoio aos traballadores e traballadoras de Alcoa

O alcalde uniuse á marcha xunto a outros membros da corporación local

O alcalde, Xulio Ferreiro, participou esta mañá na manifestación en apoio aos traballadores e traballadoras de Alcoa, xunto a outros membros da corporación local. Ferreiro, que insistiu na necesidade da unidade de partidos e sindicatos, afirmou que “non sería bo, ata que se atope unha solución definitiva, un novo inversor e unha continuidade a longo prazo da planta, comezar con despidos ou troceando a planta ou parando a actividade”.

“É importante garantir que a planta continue mantendo plena actividade. O Goberno de España ten que seguir intentando buscar solicións, forzando a Alcoa e utilizando todos os medios que ten á súa disposición para que Alcoa non se desentenda desta planta cun peche gradual que probablemente nos abocaría a un peche definitivo dentro dun tempo”, remarcou ao inicio dunha marcha na que participaron arredor de 3.500 persoas.