As Neves convida ao Acto de Recoñecemento Público e Presentación do Libro Extinción

por Xosé Manuel Rodríguez Méndez | Alcalde As Neves.

As Neves | Os símbolos e os xestos conforman, ao meu entender, un xeito de estar na vida e de construír a Sociedade.

Con ese convencemento, quero expresarche o profundo agradecemento do pobo das Neves pola túa decidida contribución á nosa recomposición esencial, e convidarte a participar no acto de recoñecemento público a todas cantas persoas e Institucións contribuístes desinteresadamente á normalización das nosas vidas.

Ás vivencias de cada persoa das Neves no pasado mes de outubro son emocións inenarrables. As miradas sensibles que, sobre a nosa realidade, deitaron os obxectivos das cámaras fotográficas dun colectivo diverso de artistas, son o recordo emocional dun desastre do que aprender e sobre o que construír futuro. Esas miradas son as fotografías dunha “extinción” real e física do noso entorno coñecido.
Un libro as recolle e nos sitúa para sempre no punto ao que non queremos volver.

Por todo iso….
IMOS!