Fame.

Ao igual que o pobo irlandés, o pobo galego tamén pasou fame en distintas épocas históricas. Unha delas foi a fame de 1853, provocada polas malas colleitas. Os labregos acuden ás cidades en busca de socorro e algunha xente fai o que pode a título particular; porén o Estado reprime duramente as protestas. O antigo imperio Inca e o imperio exipcio prevían estas continxencias e socorrían aos seus respectivos pobos; porén o moderno Estado español, ao fronte do que estaba a dinastía borbónica, prefería reprimir o pobo antes que socorrelo. Igual que hogano. E o peor é que gran parte do pobo español tamén prefire reprimir as ansias de liberdade de Cataluña e sometela ao poder central, que mellorar materialmente creando un estado verdadeiramente democrático, no que se respectase a súa pluralidade lingüística e nacional. Conmóveme a dignidade e os padecimentos do pobo catalán e dos seus dirixentes políticos, homes e mulleres. Porén España está decidida a saír con ruindade -unha vez máis- da súa crise institucional. O terror e a represión é o que mantén os vosos privilexios e a unidade do Estado. Porén hai fame de xustiza e de liberdade… e non só en Cataluña.

Funcionario de prisións xubilado, Ourense.