O Concello lucense de Quiroga celebrou en Bendilló a XXI Mostra do Aceite

Considerada como Festa de Interese Turístico

Quiroga | A mostra máis atípica destes 21 anos que leva celebrándose polas condicións e normas sanitarias foi a de maio pasado. Con altas temperaturas e máis visitantes do que nun principio se prevía debido a situación epidemiolóxica, fixeron que os olivicultores se amosaran máis que satisfeitos coas vendas acadadas, valoran no Concello. Tamén “encantadísimo” se amosaba o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, polo desenvolvemento desta mostra, a “máis etnográfica, tradicional e cultural que permitiu disfrutar dun produto único e singular como é o aceite de Quiroga, de maneira excepcional.

A directora xeral de Desenvolvemento Rural e de AGADER, Inés Santé Rivera, que acudía por primeira vez a esta mostra, afirmou que o aceite de Quiroga “encaixa perfectamente na liña estratéxica da Consellería de Medio Rural de poñer en valor a calidade dos nosos produtos”. Destacou non só a “calidade do aceite á que contribúe o uso das variedades autónomas Mansa e Brava, se non a súa contribución a un uso sostible do noso territorio e dos recursos naturais”.

Os asistentes a esta Festa de Interese Turístico desfrutaron da posta en funcionamento do muíño de aceite tradicional, adquirir o aceite de oliva virxe extra que se produce en Quiroga e outros produtos típicos e mesmo comer no recinto feiral, pero todo supeditado a unhas normas de control de persoas en todo o recinto feiral.

“Os asistentes a esta Festa de Interese Turístico desfrutaron da posta en funcionamento do muíño de aceite tradicional, adquirir o aceite de oliva virxe extra que se produce en Quiroga e outros produtos típicos e mesmo comer no recinto feiral”

De “impactante” cualificou o proceso da elaboración do aceite tradicional o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, que acudiu á mostra como ” aposta da Xunta por esta festa de Interese Turístico”.

O recinto feiral estibo aberto dende as once e media da mañá ata as dúas da tarde. Aínda que o acceso era libre, para poder acceder ao recinto da mostra e ao muíño podíase concertar cita previa, o que daba preferencia de entrada, posto que o aforo máximo no recinto feiral estaba acoutado a 200 persoas.

Todo o recinto estaba valado, entrando e saíndo por diferente lugar para manter as distancias. Na entrada do recinto e en todas as casetas instalarase xel hidro-alcohólico para uso dos visitantes.

Para facilitar que os asistentes puideran ver a elaboración do aceite tradicional, ademais de verse en vivo no muíño – nesta ocasión coa limitación de aforo que obrigou a que as visitas fosen máis curtas para permitir a entrada de todos os que agardaban-, na Capela das Farrapas (ao carón do muíño) proxectouse un vídeo elaborado especialmente sobre este proceso. A intención desta proxección era que todos os asistentes puidesen ver o proceso de elaboración completo.

Catro olivicultores participaron o domingo 31 de maio nunha Mostra do Aceite que esixía que o aceite que acudía á mostra ademais de contar coa etiqueta de aceite de Quiroga, tiña que contar co rexistro sanitario das autoridades competentes.