Xavier Lemos e a Virxe de A Franqueira

Cadro do pintor vigués dedicado a Nosa Señora de A Franqueira

(Texto de Manuel Estévez)

Vigo | O pintor de Vigo, Xavier Lemos acaba de firmar un cadro de grande formato 1,00 m x 1,60 m, dedicado a alcaldesa Honoraria da Vila de A Cañiza, desde 1957, Nosa Señora de A Franqueira. A pintura sería, sen dúvida para estar representada na mostra que tivo lugar en Vigo, baixo o lema -Manificat- e conmemorar o médio século da súa coroación canónica.

Fora o párroco Xavier Alonso, quen propuxera celebrar dun modo especial o aniversario, 50 anos desde que o Obispo Frai Xosé López, impuxo a coroa a Virxe de A Franqueira, un rito que se realiza só con algunhas imaxes con permiso da Santa Sede.

Naquela exposición, figuraba un cadro de Juan Luis López, reflexando o que é A Franqueira e as Romarías, así como unha brochura deseñada polo pintor Urbano Lugris (1908-1973), que anunciaba unha misa -inmemoriam- do poeta de Isorna, Faustino Rey Romero, no Santuario de A Nosa Señora da Franqueira.

“O autor da obra  ‘O camarote dun vello mariñeiro’,  foi tamen autor dalgún cartel da romaría nos anos 70”

O autor da obra  “O camarote dun vello mariñeiro”,  foi tamen autor dalgún cartel da romaría nos anos 70, igoal que os inolvidables fotógrafos Ánxel Llanos e Pacheco deixaron patente a súa mirada da festividade relixiosa e mesmo tamén Cristina García Rodero, a primeira fotógrafa española de Puertollano, alumna de Antonio López e nombrada en 2013 Académica de Belas Artes, coa imaxe  “O meniño enferno” 1977, inspirada na romaría que ten lugar nos Montes de A Paradanta.

Foron moitos os creadores chegaron ata o enclave para deixar patente a través das súas obras a devoción a Santa. Un deles o que fora director de Museo do Prado, Fernando Alvarez de Sotomayor y Zaragoza, quen trasladara as telas a “Procesión de A Virxe de A Franqueira” que se exhibe Salón Presidencial do Centro Galego de Bos Aires.

“Foron moitos os creadores chegaron ata o enclave para deixar patente a través das súas obras a devoción a Santa”

A obra saída do estudio do pintor de Vigo, recrea a Virxe, saindo no carro de bois do santuario o día da Romería patente durante a celebración das Pascuillas 2021 na Honra da Nosa Señora da Franqueira, no mesmo templo.