BNG demanda explicacións na Deputación de Ourense polo demoledor informe do Consello de Contas

Así o fixo Bernardo Varela, voceiro do grupo provincial nacionalista

Ourense/BNG | Bernardo Varela, voceiro do grupo provincial do BNG na Deputación de Ourense, durante o transcurso da comisión de transparencia da Deputación provincial sinalou as duras críticas que o informe do Consello de Contas fai do ente provincial e demandou explicacións.

Este informe reflexa unha visión externa desta Deputación, indicou Varela, cunhas afirmacións tremendamente rotundas, que non por iso son novidosas. Pois cando sexan auditadas as contas de 2019 e as de 2020 seguramente serán igual de rotundas. “A Deputación de Ourense é campiona da transparencia cando é auditada por un organismo privado, porén queda en evidencia cando é auditada por un organismo público como o Consello de Contas.”

Esta situación deberá cando menos levar a unha reflexión do grupo de goberno provincial. “O partido popular debe facerse á idea que esta situación pode xerar problemas cos convenios que se asinan coa Xunta de Galiza, pois ante unhas contas non declaradas, o Tribunal de Contas podría impedir legalmente que a Xunta asinase convenios coa Deputación provincial” sinalou Varela.