O Santuario da Nossa Senhora do Sameiro en Braga

Xénese de peregrinación da Vía Mariana Luso-Galaica

Braga | Todo comezou en 1854. O Papa Pío IX proclamou o dogma da Inmaculada Concepción, confirmando unha crenza xeralizada de que a Nossa Senhora María nunca pecou. Por tanto, e incluso antes que acontecera a revelación da Virxe de Fátima en 1917, o culto mariano estaba xa en marcha en Portugal.

“O 28 de agosto de 1880 foi bendecida a capela do Santuario de Sameiro en Braga para recibir a imaxe da Nossa Senhora do Sameiro, dando inicio a un culto mariano que actualmente estase desenvolvemento como ruta alternativa de peregrinación dentro do Camiño Portugués de Santiago”

O 28 de agosto de 1880 foi bendecida a capela do Santuario de Sameiro en Braga para recibir a imaxe da Nossa Senhora do Sameiro, dando inicio a un culto mariano que actualmente estase desenvolvemento como ruta alternativa de peregrinación dentro do Camiño Portugués de Santiago. Esta imaxe da Nossa Senhora de Sameiro foi esculpida en Roma polo escultor Eugenio Maccagnani.

Dende entón, o culto mariano á Nossa Senhora do Sameiro desenvolveuse con maior importancia, converténdose no segundo maior santuario mariano de Portugal tralo de Fátima. O 12 de xuño de 1904 foi coroada a imaxe da Nossa Senhora do Sameiro polo Legado Pontificio pedido polo entón Arcebispo de Braga, D. Manuel Baptista da Cunha. O entón Papa Pío X nomeou ao seu Legado como o Excelentísimo Nuncio Apostólico de Portugal. A coroa da Nossa Senhora do Sameiro foi delineada polo artista Roque Gameiro e feita nas instalacións do artista bracarense Manuel Casimiro Costa.

Tras realizarse diversas obras na Basílica a partir de 1930 así como a ampliación e construción de novos monumentos, o Papa Juan Pablo II visitou o Santuario de Sameiro en 1982, distinguindo ao mesmo coa Rosa de Ouro, unha importante distinción papal creada en 1049 e que ten especial atención nas advocacións da Virxe María.

Un Santuario esplendoroso
O Santuario do Sameiro en Braga constituíuse por tanto nun altar elevado na honra da Inmaculada Concepción. Segundo o canónigo do Santuario e presidente da Asociación da Vía Mariana en Braga, Cónego José Paulo Leite de Abreu, “a devoción mariana é mais antiga que a xacobea, e pertence ao patrimonio inmaterial de Galicia e do Norte de Portugal”.

“O Santuario do Sameiro en Braga constituíuse por tanto nun altar elevado na honra da Inmaculada Concepción (…) Localizado a 572 metros de altura de Braga, o Santuario é o ponto de atracción turística nun triángulo que involucra a Bom Jesus do Monte e Santa María Madalena na Falperra”

Localizado a 572 metros de altura de Braga, o Santuario é o ponto de atracción turística nun triángulo que involucra a Bom Jesus do Monte e Santa María Madalena na Falperra. Ofrece por tanto unha espectacular e privilexiada panorámica da rexión. Recibe anualmente a millares de turistas de diversos países, toda vez o santuario fai parte das redes de devoción marianas existentes ó redor do mundo.

A beleza da súa arquitectura da fe de importantes monumentos nos que destacan: o Busto do Pai Martinho António Pereira da Silva, fundador do Santuario; os Doutores Marianos; a Columnata para abrigar peregrinos e eventos festivos; a Avenida do Rosário; a estatua do Papa Pío IX; a Gruta da Nossa Senhora de Lourdes; a praza do Papa João Paulo II; o Lago e Parque de Merendas; a Esplanada da Cripta; os monumentos aos Sagrados Corazóns de Jesús e María; o Zimbório, cunha impresionante panorámica; a Basílica; o Xardín das Oliveiras; a Capela do Santíssimo; a Imaxe Primitiva da Nossa Senhora; o Centro Apostólico do Sameiro e Hotel João Paulo II; o Cruzeiro, a Reitoría e a Casa das Estampas e das Irmás Dominicas, entre outros.

Cripta da Virxe María dentro da basílica do Sameiro.

Neste espazo xeográfico do santuario destaca igualmente a presenza do Hotel João Paulo II, de categoría 3 estrelas, doutado de excelentes servizos enfocados no benestar, piscina interior, jacuzzi, restaurante, bar, parking interior e wifi. Este hotel é ideal para o descanso e para a realización de eventos como conferencias, xornadas de formación, congresos, banquetes e recepcións, entre outras. Ofrece tamén condicións especiais de alonxamento para os peregrinos da Vía Mariana.

Ruta de peregrinación ata Muxía
Tal e como asegura Luís Martínez, mellor coñecido como “Luís do Freixo”, un dos impulsores desta iniciativa de peregrinación, a Vía Mariana “é unha ruta de iniciación espiritual, non apropiada para grupos de festeiros (…) combina pequenos camiños locais de advocación mariana, que van aos principais santuarios galegos, mediante itinerarios antiquísimos, de devocións a santos e santas milagrosas”.

Esta ruta ten un sentido bidireccional que transita entre os Santuarios da Nossa Senhora do Sameiro en Braga e a da Virxe da Barca en Muxía (provincia da Coruña) Implica por tanto unha ruta de peregrinación de 382 quilómetros divididos en 18 etapas por antigos camiños do Norte de Portugal e de Galicia seguindo as rutas marianas. Posúe por tanto un áurea de espiritualidade, patrimonio e riqueza natural.

Esta peregrinación relixiosa comeza a súa etapa no Santuario da Nossa Senhora do Sameiro en Braga e continúa polo Santuario de María da Sé da Catedral de Braga, a Senhora da Paz, o Santuaro da Senhora da Peneda e a Senhora da Franqueira para entrar xa en Galicia por Santiago de Covelo, Estacas, Parada das Achas, o Santuario de María de Aguasantas, Santa María de Sacos, o Santuario de Milagros de Amil, Milagros de Réquiem, Santa María de Herbón (Padrón), Teo, Santiago de Compostela, Señora da Escravitude, Señora do Portal de Corticeira, Señora dos Anxos e finaliza na Señora da Barca en Muxía.

Busto do Pai Martinho António Pereira da Silva, fundador do Santuario.

A ruta desta peregrinación contempla por tanto as Câmaras Municipais portuguesas de Braga, Vila Verde, Ponte da Barca, Arcos de Valdevez e Melgaço e os Concellos galegos da Cañiza, Covelo, Fornelos de Montes, Pontecaldelas, A Lama, Cotobade, Campo Lameiro, Cuntis, Moraña, Valga e Pontecesures, na provincia de Pontevedra, e os concellos de Padrón, Santiago de Compostela, Negreira, A Baña, Santa Comba, Vimianzo, Zas, Mazaricos e Muxía, na provincia da Coruña.

Así, a Vía Mariana é un itinerario cultural e relixioso enfocado na devoción mariana pero que, igualmente, aspira revitalizar o patrimonio natural e rural, no que destaca o Parque Natural Peneda-Gêrés, e o patrimonio material e inmaterial en torno aos santuarios, igrexas e monumentos así como rituais e advocacións marianas existentes nesta ruta de peregrinación entre Galicia e Norte de Portugal.

“A Vía Mariana é un itinerario cultural e relixioso enfocado na devoción mariana pero que, igualmente, aspira revitalizar o patrimonio natural e rural”

Esta ruta ten igualmente un valor relevante en torno ao acervo gastronómico e vitivinícola galego-portugués, así como das rutas sendeiristas próximas a este traxecto, que lle outorgan un valor engadido a esta vía de peregrinación.

Con todo, neste 2020 determinado pola pandemia do COVID 19, a peregrinación ao Santuario do Sameiro e as rutas da Vía Mariana están adaptándose a esta “nova realidade”. Neste sentido, tivo que suspenderse a Peregrinación Arquidiocesana anual prevista para o primero domingo de xuño. Non obstante, un obxectivo tamén está marcado no horizonte: as festividades do Ano Santo Xacobeo 2021, no que a Vía Mariana agarda recuperar o seu esplendor como ruta de peregrinación relixiosa.

Analista de xeopolítica e relacións internacionais. Licenciado en Estudos Internacionais (Universidade Central de Venezuela, UCV), magister en Ciencia Política (Universidade Simón Bolívar, USB) e colaborador en think tanks e medios dixitais en España, EE UU e América Latina.