O metal vigués toma as rúas para denunciar a firma do convenio de CC.OO e UXT

Convocada pola Plataforma de Traballadores do Metal

Vigo | Este 12 de maio, os traballadores do sector metal en Vigo percorreron as rúas da cidade olívica, nunha manifestación convocada pola Plataforma de Traballadores do Metal, para denunciar a firma do convenio do Convenio do Metal por parte dos sindicatos CC.OO e UXT.

Os manifestantes lanzaron consignas contra este convenio, afeando aos sindicatos maioritarios que se plieguen aos intereses da patronal CC.OO. e UGT por asinar un convenio que non comparten.

Así mesmo, trasladaron que seguirán “loitando á marxe dos sindicatos”, para lograr “a unidade da clase obreira”. “O que queremos é unir forzas, sen siglas, mobilizarnos coa palabra e a verdade, non con actos violentos. A lenda negra do metal, de queimar colectores, acabouse”, explicaron algúns dos seus portavoces.

Pola súa banda, a CIG convocou a unha manifestación para o vindeiro 19 de maio, baixo a lema ‘Salvemos o naval. Polo futuro industrial da comarca de Vigo’.