Moderado optimismo na reapertura de fronteiras entre Galicia e Portugal

Así o ven os medios portugueses e galegos

Alto Minho | A decisión do primeiro ministro portugués António Costa de reabrir a fronteira con Galicia a partir deste 1º de maio provocou un eco informativo nos xornais do Alto Minho e outros a nivel nacional en Portugal.

A continuación ofrecemos un resumo do principal tratamento informativo en varios destes xornais portugueses e do Sur de Galicia:

Os xornais do Norte de Portugal O Minho e Jornal de Notícias fanse eco desta reapertura intitulando “Portugal continental entrou hoje na última fase do plano de desconfinamento, com reabertura de fronteiras terrestres”.

Sinalan este medios que “as fronteiras terrestres com Espanha reabriram hoje (1º de maio), depois de terem estado fechadas desde janeiro devido à pandemia de covid-19, sendo apenas permitida desde essa altura a passagem, em 18 pontos autorizados, ao transporte internacional de mercadorias, trabalhadores transfronteiriços e de caráter sazonal devidamente documentados, veículos de emergência, socorro e serviço de urgência”.

Pola súa banda, O Correio do Minho titula unha nova reivindicativa de data 27 de abril na que piden que “Abram as fronteiras para trabalharmos”. Fanse eco do clamor comercial considerando que “Comerciantes da zona da raia manifestaram-se ontem em frente à estação de Valença do Minho para pedir “a reabertura imediata” das fronteiras. Autarcas também alertam para a situação económica vivida, apelando ao “bom senso” dos dois governos”.

“O peche de fronteiras con Portugal provocou importantes perxuizos ao sector empresarial a ambos lados da raia. O clamor popular da Eurorexión Galicia-Norte de Portugal reclamando a apertura de fronteiras surtiu efecto”

Xa no sur de Galicia, o Son do Louro titulou “Portugal abre a fronteira este sábado tras tres meses pechada”, asegurando que “o peche de fronteiras con Portugal provocou importantes perxuizos ao sector empresarial a ambos lados da raia. O clamor popular da Eurorexión Galicia-Norte de Portugal reclamando a apertura de fronteiras surtiu efecto e o primeiro ministro portugués confirmou que foi unha das situacións qeu o levou a reabrir as fronteiras unha vez a situación epidemiolóxica o permitía”.

Faro de Vigo tamén recolleu estas demandas económicas ao titular “La Raia’ respira hoy: abren todos los pasos fronterizos con Portugal” tras “tres meses de espera”.

Finalmente, Atlántico Diario fixo un tratamento informativo similar pero tamén crítico ao titular “La Raia toma aire: la frontera lusa abre hoy pese a que la Xunta pide controles” considerando que “la apertura de los pasos fronterizos de Portugal crea polémica. Alfonso Rueda solicita al Gobierno medidas porque Galicia mantiene el cierre perimetral”.

Este medio reflectiu as declaración do vicedirector da AECT Río Miño/Minho, Uxío Benítez, quen sinalou que esta institución tranfronteiriza pedirá “fondos europeos” para a reactivación económica tralo peche fronteirizo, valorando ó mesmo tempo como “positiva” a apertura na ‘Raia’. “Non é un díua para conmemorar, senón para reivindicar”, indicou Benítez.