Gonzalo Caballero apela ao compromiso conxunto para defender o emprego en Alcoa

Mantivo unha xuntanza co comité de empresa de Alcoa San Cibrao

Cervo (Lugo) | O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, acudiu hoxe ata Cervo na compañía de alcaldes e voceiros municipais socialistas na Mariña para manter unha xuntanza co comité de empresa de Alcoa San Cibrao.

“Temos que manter a alianza entre as diferentes administracións e os traballadores, e non baixar a garda, para acadar unha solución industrial e manter a produción de aluminio e o emprego”, sinalou o líder do PSdeG, quen incidiu en que o sector do aluminio primario “é estratéxico para o futuro do país”.

Neste sentido, apelou a “manter a cooperación e a colaboración para que o avanzado non se perda” e instou a “manter a presión sobre a empresa entre axentes políticos e institucións” para acadar a venta da planta mariñá. “Temos que seguir avanzando da man dos traballadores, temos que seguir presionando”, remarcou.

“Malia que ‘Alcoa quería pechar a planta e imposibilitar un futuro para a mesma’, destacou Gonzalo Caballero, quen resaltou que, nunha primeira etapa, ‘gañámoslle un pulso á multinacional a través dun proceso xudicial e conseguimos que a SEPI estea aberta a intervir para facilitar a venta”

Así, malia que “Alcoa quería pechar a planta e imposibilitar un futuro para a mesma”, destacou Gonzalo Caballero, quen resaltou que, nunha primeira etapa, “gañámoslle un pulso á multinacional a través dun proceso xudicial e conseguimos que a SEPI estea aberta a intervir para facilitar a venta”. “Temos que apostar polo mellor inversor e proxecto que poida dar futuro á planta”, subliñou.

De feito, Gonzalo Caballero lembrou que este proceso xudicial aberto “impide que hoxe Alcoa poida pechar a planta”, o que supuxo “un avance que se fixo da man dos traballadores e do goberno de España”, pero o máis importante é acadar unha solución definitiva.

Con todo, o líder das e dos socialistas galegos trasladou aos traballadores “o meu compromiso para seguir remando e traballando xunto ás administracións na busca dunha solución que ten que chegar o máis pronto posible”.

“Preocúpame moito a situación de inquedanza na que viven os traballadores”, sinalou Gonzalo Caballero, por iso, “dende o PSdeG comprometémonos a traballar da man dos traballadores de Alcoa nunha saída na que consigamos, coa intervención da SEPI, un inversor fiable” cun proxecto que dea “futuro, viabilidade e manteña o emprego”.

José Antonio Zan
Pola súa banda, o presidente do comité de empresa de Alcoa, José Antonio Zan, agradeceu a visita á fábrica do líder das e dos socialistas galegos, a quen lle expresou tanto a problemática como a situación de preocupación que están a vivir os traballadores.

“Necesitamos unha empresa industrial cun proxecto enerxético potente que non dea problemas nos próximos 10 anos”, explicou Zan, quen apuntou que contar coa SEPI na negociación ofrece “garantías” tanto aos traballadores como ao futuro empresarial.

Na xuntanza co comité de empresa, ademais de Gonzalo Caballero, participaron os alcaldes e alcaldesas de Viveiro, Burela, Foz, Trabada, A Pontenova e Alfoz, así como os voceiros socialistas da comarca da Mariña, o secretario de Organización do PSdeG, José Antonio Quiroga, a secretaria provincial do PSdeG en Lugo, Patricia Otero, e o voceiro de Industria do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Martín Seco.

PSdeG lamenta a “redución de galegofalantes”
Pola súa banda, a voceira de Política Lingüística do Grupo Socialista, Noa Díaz, vén de criticar a “falla de vontade política” da Xunta á hora de protexer e promocionar o galego. Fíxoo, hoxe, trala comparecencia do director xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia na Comisión de Cultura do Parlamento.

A dirixente socialista sinalou a falla de estratexia “e mesmo preocupación á vista dos datos” pola situación do galego cando só levou a cabo “accións efémeras no tempo e ningunha de calado” para pór en valor a nosa lingua. Así, Díaz lamentou a redución do número de galegofalantes cando na última enquisa realizada polo Instituto Galego de Estatística, do ano 2018, indicaba que só un 55% da poboación de Galicia falaba habitualmente galego.

“Entre a mocidade xa non se pode dicir que o galego sexa a lingua máis falada porque a porcentaxe de uso entre as persoas de 15 a 29 anos era, no 2018, dun 37%”

Nesta liña, lamentou que “entre a mocidade xa non se pode dicir que o galego sexa a lingua máis falada porque a porcentaxe de uso entre as persoas de 15 a 29 anos era, no 2018, dun 37%”, segundo se coñecía antonte trala publicación dun estudio por parte da Real Academia Galega.

Este estudo, sinalou, “apunta que se comparamos eses datos cos do ano 1995, o número de persoas que aprenderon a falar inicialmente en galego descendeu case vinte puntos porcentuais mentres a porcentaxe de bilingües iniciais aumentaba”.

Con todo, a responsable socialista destacou a advertencia do presidente da RAG quen alertou de que o modelo lingüístico vixente no sistema educativo “está consolidando os desequilibrios existentes, no canto de compensalos” e reclamou “medidas de diversa natureza para reverter o retroceso do galego entre a mocidade”.

“A promoción do galego en todos os ámbitos e espazos é unha obriga estatutaria do goberno galego, que debe velar por conseguir novos espazos para a nosa lingua coa intención de darlle máis presenza e garantir así a súa supervivencia nun mundo cada vez máis globalizado”, sentenciou a socialista.

A política lingüística da Xunta “non respecta os dereitos das persoas”
Finalmente, a deputada socialista lembrou que o Consello de Europa “leva anos censurando nos seus informes sobre o uso das linguas minorizadas, a perda de presenza do galego no ensino causada pola política lingüística da Xunta, que non respecta os dereitos das persoas respecto da súa propia lingua”. Por iso, pediu ao goberno gaelgo que detalle “que accións prevé” para “dar cumprimeto ás obrigas que apunta o Consello de Europa no ámbito da educación e tamén da xustiza.

“A deputada socialista lembrou que o Consello de Europa leva anos censurando nos seus informes sobre o uso das linguas minorizadas, a perda de presenza do galego no ensino causada pola política lingüística da Xunta, que non respecta os dereitos das persoas respecto da súa propia lingua”