A Confederación Hidrográfica asume íntegramente a restauración da Ponte de Soutelo en Bande (Ourense)

No marco do proxecto europeo POCTEP, Fronteira Esquecida

Bande | A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil asumirá na súa totalidade o investimento necesario para restaurar A ponte de Soutelo, no Concello de Bande desta provincia, actuación que o organismo de conca encadra no proxecto europeo POCTEP, Fronteira Esquecida. Proxecto que ten como socios á Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense, a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho e os municipios lusos de Ponte de Lima, Arcos de Valdevez, Ponche da Barca e Viana do Castelo, segundo lembra a Confederación Hidrográfica.

A Ponte de Soutelo é unha ponte con pilas de pedra de pequena altura, de 5 ollos e duns 40 metros de lonxitude. Estas actuacións para executar consistirán na limpeza das pilas e a súa reparación, a execución dun novo taboleiro, a colocación dunha varanda e a adecuación da zona no seu conxunto. Os traballos orzan un investimento de 100.000 euros e a CHM- S executará con cargo á anualidade deste 2021. O presidente do organismo de conca, José Antonio Quiroga, asinou electrónicamente o convenio que remitiu xa á alcaldesa de Bande, segundo asegura a Hidrográfica.