Monforte pola Igualdade

Alza unha esfera de helio no marco do Día internacional da Muller

Monforte de Lemos | O alcalde de Monforte e diversos membros do goberno municipal aparecen no foto ante a esfera de helio que recolle o lema deste ano arredor do 8M Día internacional da Muller, “Monforte pola Igualdade”. Esta esfera de helio, de 2,5 metros de diámetro e pendurada a 25 metros de altura, permanecerá colocada na Praza Campo de San Antonio do 5 ó 10 de marzo, e é unha das novidades destacadas incluídas na Campaña de Sensibilización do Concello de Monforte “AIgualdadeÉ”.

Esta campaña ten por obxectivo facer actividades e propostas transformadoras que contribúan a eliminar da sociedade as estruturas machistas e patriarcais que desgraciadamente seguen presentes no fondo de toda estrutura social e política. E do mesmo xeito, busca poñer en valor o traballo que realizan as mulleres no seu día a día e que desenvolven en tódolos ámbitos da sociedade, á vez que sensibilizar sobre a multitude de discriminacións que están a sufrir as mulleres, coa finalidade última de concienciar á poboación monfortina sobre a necesidade de acadar unha igualdade real e efectiva.