A Casa Consistorial e a Mosqueira ilumínanse conmemorando o Día Internacional das Mulleres

Coa marca Mulleres con Forza, creada polo Concello de Lugo

Lugo| O Concello de Lugo conmemora o Día Internacional das Mulleres, iluminando de violeta a fachada da Casa Consistorial. A Mosqueira súmase ao acendido proxectándose no monumento a marca da cidade Mulleres con Forza, creada polo Concello de Lugo, coa que se simboliza na Muralla a fortaleza da muller na súa loita pola igualdade de xénero.

O acendido e a proxección será todos os días dende o 5 de marzo ata o 20 de marzo. Dende a concelleria animan á cidadanía a realizar fotos e inundar as redes con elas co cancelo MulleresConForza.