Alumnos do IES Ribeiro de Sober podaron vides nos Chancís

Visitan esta parcela dúas veces ao ano, para a poda e a vendimia

Sober | O Concello de Sober convidou un ano máis ao alumnado do IES O Ribeiro de Ribadavia a facer traballos prácticos na viña dos Chancís, de propiedade municipal. O alumnado do centro visita esta parcela dúas veces ao ano, unha para a poda e outra para a vendima. Do mantemento da finca encargase o Concello de Sober. Quince alumnos e tres docentes estiveron facendo traballos de poda ao longo de toda a mañá. Trátase do alumnado que está estudando os Ciclos de Formación Profesional de grao Medio de Aceites e Viños, e o de Grao Superior de Vitivinicultura. Está previsto que no mes de setembro volvan de novo aos Chancís para recoller a uva.

Segundo relataron os propios alumnos a experiencia, a primeira para eles por ser dos primeiros cursos relacionados con viticultura, foi moi satisfactoria xa que puideron contemplar diferentes sistemas de produción, e as particularidades de propia zona como é a Ribeira Sacra, tan diferente ao lugar no que eles reciben formación, así como unha paisaxe moi bonita na que están enclavadas as fincas.