Cambados recibíu unha nova versión do Plan Especial de portos

Realizado polo ente autonómico Portos de Galicia

Cambados | O Concello de Cambados ven de recibir no día de onte, unha nova versión dixital do Plan Especial de ordenación do porto de Santo Tomé-Tragove realizado polo ente autonómico Portos de Galicia, e que é froito das condicións e observacións contidas nos informes sectoriais previos á aprobación inicial que lle foron remitidos dende hai máis de un ano polo Concello de Cambados.

Tratase dunha nova versión do Documento, a cuarta dende que se iniciaron os tramites por Portos de Galicia en 2014, para que o Concello de Cambados poida realizar a aprobación inicial do mesmo mediante acordo da Xunta de Goberno, e así, iniciar o período de exposición pública e os informes sectoriais pertinentes para a súa posterior aprobación definitiva, ademais o Concello de Cambados vai informar do proceso de exposición pública a tódolos titulares catastrais das parcelas afectados directamente por este novo documento urbanístico.

Unha vez que sexa aprobado inicialmente o Plan Especial pola Xunta de Goberno do Concello de Cambados, tense que iniciar o período de exposición pública de dous meses, ademais de solicitar os informes sectoriais as distintas administracións, que teñen un prazo de tres meses para informar o mesmo e, no caso de non remitir o informe sectorial neste prazo sería considerado o silencio administrativo como favorable.

Rematado este tramite o Concello de Cambados ten que realizar o informe xurídico e urbanístico para que novamente a Xunta de Goberno realice a aprobación provisional do Plan Especial, e novamente remitilo a outra administración, neste caso ao Departamento de Urbanismo da Xunta de Galicia, para que no prazo de dous meses remita o informe preciso para a súa aprobación definitiva no Pleno Municipal.

O concello de Cambados ten apenas seis meses para realizar tódolos tramites administrativos, xa que o informe ambiental estratéxico do Plan especial de ordenación do porto de San Tomé-Tragove, no concello de Cambados, promovido por Portos de Galicia ten que estar aprobado antes do 6 de setembro de 2021, prazo no que a resolución de medio ambiente perde a súa vixencia. Por este motivo, dende o Concello de Cambados vaise solicitar unha reunión coa Consellería de Medio Ambiente para solicitar unha moratoria nos prazos, xa que por motivos alleos a vontade municipal, atopámonos cun prazo de apenas seis meses para realizar uns tramites que só na remisión dos informes sectoriais e do departamento de Urbanismo da Xunta de Galicia abrangue un período de 5 meses.

Este documento é vital non só para a futura construción da Praza de Abastos de Cambados, se non tamén para a xestión urbanística do Porto de Cambados, e polo tanto, para o desenrolo dun sector tan importante como é o do mar para a vila de Cambados. Por tal motivo, dende o goberno municipal, se requiriu en reiteradas ocasións a que o ente Portos de Galicia fora dilixente na redacción do documento, e que tras varias versións do documento e anos de espera dende o 2014, foi remitido ao Concello de Cambados neste mes de marzo o Plan Especial corrixido coas condicións e observacións contidas nos informes sectoriais previos para a súa aprobación inicial, pero cun prazo de apenas seis meses para a súa aprobación definitiva polo Pleno Municipal.

O goberno municipal ten previsto levar o documento urbanístico a Xunta de Goberno da vindeira semana, unha vez que sexa supervisado polos servizos municipais, e unha vez revisado, se emita informe sobre cales son as administracións as que lle hai que requirir os informes sectoriais despois da súa aprobación inicial