Rehabilitado o Muiño de San Xoán en Arbo

As obras ascenderon a 15.651,25€

Arbo | Os danos que presentaba o inmoble foron causados por actos vandálicos, dos que se descoñece o autor ou autores. O Estado do Muiño de San Xoan era lamentable, os intrusos prederon lume no interior o que produxo que as madeiras se queimaran, romperon cristais e xanelas, chans e teitos de madeira coa capa de verniz queimada e afumadas, porta de entrada destrozas, etc…

O Muiño, esta situado o carón da Ponte Románica de San Xoan un dos lugares máis emblemáticos de Arbo e que foi , restaurada polo Concello de Arbo no ano 2017 – informa o rexedor Horacio Gil- é con estas obras de rehabilitación recuperase un dos elementos situados nunha das zonas co patrimonio máis importante de Arbo

O deterioro que estaba sufrindo podía afectar a estrutura do inmoble, o que suporía unha perda moi importante para o patrimonio etnolóxico arbense, xa que dito muiño data do século XV, que ademáis esta o caron da Ponte Romanica de San Xoan.

Esta actuación foi financiada ao 100% con cargo aos fondos propios do Concello, tras ingreso da compañía aseguradora realizado o día 1 de abril de 2020, que deu lugar ao correspondente expediente de contratación, que se viu parado polo Estado de Alarma.

Os perigos que se apreciaban na zona eran evidentes, e, aínda que o Concello adoptráu as medidas necesarias de seguridade, poñendo enreixado para evitar o acceso ao mesmo e sinalando a zona, foron varias as ocasións nas que as mesmas estaban movidas ou desapareceron do lugar.

Informa o alcalde Horacio Gil, que condena estos feitos e recorda que os bens municipais son de todos os arbenses, e debemos coidalos. O Rexedor manifesta que foi unha empresa local a que se ocupou da mellora das intalacións, sendo sempre prioridade deste concello a contratación de obras, a empresas locais o que supón nestes momentos todavía de crise, unha reactivación da económia local e que esta dentro do Plan de reactivación diseñado polo goberno Arbense para paliar os danos ocasionados pola crise sanitaria do COVID.

No mesmo sentido tamén remataron as obras de recuperación do Palco de San Benito, realizadas por empresa local.