Arbo reinventa o Nadal coa visita do Carteiro Real

Recollerá as cartas dos nenos para os Reis Magos

Arbo | O coronavirus forzará modificacións profunda no Nadal Cultural de Arbo, pero se buscaron fórmulas para que non diminúan unhas festas tan importantes e que a maxia do Nadal viva nos corazóns de todos e sobre todo nos nenos e nenas de Arbo.

Con tal motivo, e seguindo coa tradición de todos os anos, o carteiro real visitará Arbo para recoller as cartas dos cativos arbenses e que posteriormente serán entregadas aos reis magos.

Evitando a toda costa las aglomeracións e para seguir as recomendacións sanitarias, e para preservar a saúde de todos os veciños e veciñas de Arbo, serán seis os carteiros reais que se instalarán nas igrexas parroquiais e atenderán as demandas dos pequenos arbenses.

“As actividades de Nadal celébranse da mellor maneira posible nas circunstancias actuais, evitando todos os riscos posibles e con todas as garantías de seguridade, pero pensando sempre na ilusión dos máis cativos de Arbo, que xa levan sufrido moito durante todo o ano” manifesta o alcalde Horacio Gil

Os carteiros reais estarán o día 2 de xaneiro ás 17:00h. na Igrexa Parroquial Santa Mariña de Sela e ás 12:00h. na Igrexa san Sebastian de Cabeiras, e ó día 3 de xaneiro ás 12:00h. na Igrexa Santa Maria de Arbo , ás 13:00h. na Igrexa San Xoan de Barcela, ó finalizar a misa das 13:00 h. na Igrexa San Miguel de Cequeliños e ó finalizar a misa das 11:00h. na Igrexa San Cristovo de Mourentan, recollerán as cartas dos nenos e nenas e repartirán paquetes entre os participantes.

Dende o Consistorio rogase que se adopten as medidas COVID, que se eviten aglomeracións, que soamente sexa un adulto o que acompañe ao neno ou nena, que se manteñan as distancias de seguridade e que se ateñan as recomendacións dos voluntarios e voluntarias que estarán velando pola seguridade de todos e todas – insite o rexedor Horacio Gil