Faleceu en Chile o Académico de Mérito Luis Lira Montt

Membro da Real Academia Matritense de Heráldica e Xenealoxía (RAMHG)

O pasado 13 de novembro faleceu en Santiago de Chile o Académico de Mérito da Real Academia Matritense de Heráldica e Xenealoxía (RAMHG), Luis Lira Montt, á idade de 93 anos.

Luís Camilo del Carmen -Lucho- Lira Montt naceu en Santiago de Chile o 17 de setembro de 1927, fillo de Don Luís Lira Vergara e de Dona María Montt Smith. Estaba casado con Josefina Campino Bunster, falecida en setembro de 2010, con quen tivo cinco fillos. Católicos practicantes, constituíron un matrimonio exemplar. A súa casa foi un lugar de acollida para xenealoxistas e historiadores, tanto chilenos como estranxeiros.

Profesionalmente exerceu como avogado, corredor de Bolsa de Comercio de Santiago e asesor xurídico da mesma, e procurador do Consello de Defensa do Neno. Foi tamén profesor da Facultade de Dereito da Universidade Católica de Chile.

Lira Montt perteneceu a diversas entidades relacionadas coa Xenealoxía e coa Historia. Así, foi Secretario xeral do Instituto de Cultura Hispánica e Presidente do Intituto Chileno de Investigacións Xenealóxicas, sendo organizador do Congreso Americano de Xenealoxía celebrado en 1978.

En 1975 ingresou como membro de número da Academia Chilena da Historia, e foi membro da Xunta de Administración da Sociedade Chilena de Historia e Xeografía, e Director Secretario do Voto Nacional O’Higgins.

Foi tamén distinguido como Cabaleiro de Xustiza da Orde Constantiniana de San Jorge, da Real Irmandade de Infanzóns de Illescas e da Asociación de Fidalgos a Foro de España e secretario da súa xunta en Chile.

Autor de numerosos traballos sobre xenealoxía e nobiliaria, entre os que destacan os Publicados na Revista de Estudios Históricos Las Órdenes y Corporaciones Nobiliarias en Chile (nº 11, 1963); Notas genealógicas sobre los linajes de Lira y Troncoso, Padrones del Reino de Chile existentes en el Archivo de Indias y Hábito de Santiago del Conquistador Francisco de Aguirre (nº 13, 1965), e Índice de Familias Chilenas que han rendido pruebas en la Orden de Malta (1783-1970) (nº 16, 1968).

A súa obra máis coñecida é La Nobleza en Indias. Estructuras y valores sociales. Estudios Histórico-Jurídicos (Publicaciones Bicentenario, Santiago de Chile, 2010. 2 vol.), que constitúe unha compilación dos traballos mais representantivos da súa dilatada labor no campo da historia do Dereito e da educación durante o período Indiano, así como no relativo ás investigacións xenealóxicas.

Ingresou na Real Academia Matritense de Heráldica e Xenealoxía (RAMHG) o 16 de decembro de 2002 como Académico correspondente por Chile, pasando o 28 de setembro de 2015 á condición de Académico de Mérito, distinción que ostentaba ata o momento do seu falecemento. Na RAMHG lembrarase sempre a cea-homenaxe dedicada a súa persoa, celebrada o 13 de outubro de 2005, durante unha visita a España, acompañado pola súa esposa.

Tomado da páxina web da Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía