Proceso extraordinario para cubrir prazas vacantes na Escola Infantil Municipal da Guarda

A Guarda | O departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa que a Escola Infantil Municipal abre o próximo día 28 de setembro 2020 un proceso extraordinario para cubrir as varias prazas vacantes para o curso escolar 2020-2021:

-Aula de 0-1 anos: 3 prazas a xornada completa e 2 prazas a xornada
de tarde

– Aula de 1-2 anos: 1 praza a xornada de tarde

– Aula 2-3 anos: 2 prazas a xornada de tarde

Os pais/nais ou titores dos nenos/as interesados deberán presentar a solicitude do luns día 28 de setembro ao venres día 2 de outubro.

Para maior información dirixirse ao punto de información na Casa dos Alonso en horario de 9.00 a 14.00 h.