O Taekwondo da Cañiza triunfa na Copa Xunta de Galicia

Celebrada en Moaña o pasado 18 de novembro

A Cañiza | Un ano máis volvemos a celebrar o éxito dos nosos deportistas taekwondistas, na nova edición da Copa Xunta de Galicia de Técnica na que participaron cerca de 700 deportistas de 32 clubes galegos, entre eles 10 competidores da Cañiza.

O Clube Asociado da Cañiza, afiliado ao KIAP de Vigo, conseguiu 7 medallas (2 de ouro, 1 de prata e 4 bronces) nas modalidades de competitiva e amateur (para as idades comprendidas entre os 7 e 18 anos) nunha competición na que se reuniron os mellores deportistas das 4 provincias.

O Alcalde Luís Piña reuniuse cos deportistas e co seu adestrador Fidel Rodríguez, nas instalacións do Ximnasio Municipal da Cañiza, para felicitalos polo gran traballo que están desenvolvendo en prol desta disciplina e polos éxitos acadados  nas competicións provinciais e rexionais.

Os premiados foron:
6 anos: Lara Miguélez Pérez que conseguiu a Medalla de Ouro
8 anos: Noa Domínguez Parada: Medalla de Prata
8 anos: Imanuel Domínguez Iserhiewrhitz. Medalla de Bronce
9 anos: Iker  González Soalleiro: Medalla de Bronce
10 anos: María Cerviño Alvarez: Medalla de Bronce
14 anos: María Rita Barros Alonso: Medalla de Bronce
18 anos: Manuel Romay Rodríguez: Medalla de Ouro

A Copa Xunta de Galicia de técnica (infantil e adultos) é un torneo que ten como obxectivo prioritario a promoción deste deporte, aínda que nos últimos anos inclúe a categoría competitiva, que outorga puntos para o ránking galego de técnica.

Neste torneo participaron os deportistas que acadaron a clasificación nas fases provinciais, que se celebraron nos últimos meses.