Xornadas de xestión sostible dos montes veciñais en Mondariz

Este 24 e 25 de novembro no centro cultural de Mouriscados

Mondariz | O centro cultural de Mouriscados (Mondariz) acollerá este venres 24 e sábado 25 unhas xornadas orientadas a difundir as posibilidades de xestión sostible dos montes veciñais.

O evento abordará a planificación dos montes veciñais, así como as posibilidades que abren os proxectos de absorción de carbono. Estes proxectos representan tanto unha vía de ingresos adicional para as comunidades como unha oportunidade para a restauración de áreas degradadas ou afectadas por incendios forestais.

A Asociación Forestal de Galicia, organizadora das xornadas, aproveitará tamén o acto para presentar o monte demostrativo de Mouriscados, un espazo que aspira a convertirse nun referente de boas prácticas silvícolas.

Para asistir ás xornadas, requírese inscripción previa gratuíta nos teléfonos 986 660 864, 981 564 011 ou 618 752 214. Tamén é posible a inscripcíón vía email a afg@asociacionforestal.org.

O programa das xornadas será o seguinte:
Venres 24
16:30 a 17:00: presentación do monte demostrativo de Mouriscados
17:00 a 17:45: a importancia da planificación na xestión forestal sostible
17:45 a 18.15: pausa
18:15 a 19: os proxectos de absorción de carbono como impulso á planificación

Sábado 25
10:00 a 13:00: visita guiada ao monte veciñal en man común de Mouriscados.