Unidade móbil de doazóns de sangue na Guarda

Este venres 17 e sábado 18 de novembro

A Guarda | Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (ao Carón do Centro Cultural) o venres 17 en horario de 10:15h a 14:30h e de 16:30h a 21:00h e o sábado 18 en horario de 10:15h a 14:30h.

O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.

Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar espere 2 horas. Non esqueza traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar.

Informe ao médico se está a tomar algún medicamento. É desexable solicitar cita para doar no telefono gratuíto 900 100 828.