II Trofeo Ciclocross Concello da Cañiza

Este domingo 12 de noviembre no Campo de Fútbol de Augas Férreas e a zona do Balneario

A Cañiza | A Cañiza acolle este domingo o II Trofeo Ciclocross Concello da Cañiza, organizado polo clube ciclista “Grupeta Pan De Zarco – A Cañiza”.

Ata o momento están inscritos 240 participantes que competirán a partires das 9:30 horas polos primeiros postos no circuito habilitado no “Campo de Fútbol de Augas Férreas e a zona do Balneario”.

O circuito de 2.500 m, preparado nas instalacións do Campo de Fútbol de Augas Férreas e a zona do Balneario, conta cun box de material individual e unha zona de lavado de bicicletas e un máximo de 2 obstáculos artificiais. Ademáis conta cunha zona de chamada e saída anexa á saída e meta, un posto de primeiros auxilios e a zona de Podium.

A proba está aberta para as categorías de Elite Sub23 masculino e feminino; Junior masculino e feminino; Cadete masculino e feminino; Máster 30/40/50 feminino e Máster 30/40/50/60 masculino.

Ademais, este ano por primeira vez, realizaráse unha proba de promoción aberta para a categoría infantil que inclúe aos nenos nados entre os anos 2010 e 2011.

Na presentación o Alcalde Luis Piña agradeceu a colaboración das empresas da Cañiza SAEPLAST, Galimetal, Transportes González, Specialty Marine Products And Ventures, Reciclados Plásticos A Cañiza, Queixos “Castro Xaneiro” e tamén á entidade bancaria ABANCA.