Os libreiros galegos celebran o Día das Librarías con actividades e novidades editoriais

Este 11 de novembro organizados pola Federación de Librarías de Galicia

A Coruña | Doce anos despois da súa instauración o Día das Librarías -11 de novembro- celébrase en toda España con gran éxito de público, e Galicia non é unha excepción.

Dende a Federación de Librarías de Galicia teñen claro que este 2023 a coincidencia do Día das Librarías coa fin de semana será un aliciente para mellorar as cifras de participación do ano pasado.

“Algunhas das librarías galegas contarán con actividades especiais ese día, e todas elas, sin excepción, traballan xa na selección de recomendacións, porque novembro é tradicionalmente un bo mes para as novidades editoriais, e a cercanía do mes de Nadal fai esta data perfecta para coñecer as novas propostas”, apuntan dende a directiva da Federación de Librarías.

Por iso, o seu presidente, Ramón Domínguez, aposta por “animar a todos os galegos a que visiten este sábado a súa libraría amiga, ou aproveiten para coñecer calquera das 147 librarías asociadas.

Do mesmo xeito que hai unha lectura para cada lector, tamén cada lector ten unha libraría perfecta para el, e que mellor momento que o Día das Librarías para descubrir a túa propia?”.

A Federación de Librarías de Galicia
A Federación de Librarías de Galicia é unha institución constituída sen fins de lucro, integrada actualmente por 147 librerías de toda Galicia, que leva 45 anos traballando pola defensa dos intereses comúns do sector, e fomentando o crecemento dos lectores con diversas campañas.