O Covelo prepara ás árbores das prazas

Para evitar riscos e posibles incidencias

O Covelo | O Concello de Covelo contratou os traballos de poda e arranxo de árbores nas prazas públicas para evitar riscos de caídas e posibles danos á poboación. Nos pasados días actuouse no centro urbano e ao longo destes meses proseguirase nas prazas e espazos públicos do resto dos barrios e parroquias na medida que a climatoloxía o permita.

O Concello agradece a colaboración da veciñanza e pide precaución, sobre todo nas estradas, seguindo sempre os consellos e instrucións facilitadas polos servizos de emerxencia.