Mos e Xunta de Galicia destacan os produtos agroalimentarios galegos

Durante a XIX edición das Xornadas Forestais e Micolóxicas celebradas neste municipio

Mos | O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, acompañado da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, asistiu hoxe á Xornada de Promoción Agroalimentaria de Produtos Galegos, que se celebrou con motivo da clausura da XIX edición das Xornadas Forestais e Micolóxicas deste municipio.

Balseiros resaltou o compromiso da Xunta co sector agroalimentario galego, xa que nos orzamentos do 2024 destinaranse máis de 83 millóns de euros para accións que permitirán afondar na competitividade e a remuda xeracional. En concreto, destacan as axudas para a transformación e comercialización de produtos agrarios, que contarán cun novo investimento de 36,2 millóns -2 millóns máis que en 2023-, ou os 16 millóns para favorecer a incorporación de mozos á actividade.