A Cañiza e a Xunta de Galicia abordaron a limpeza no rural

Trataron tamén o convenio con SEAGA

A Cañiza | Luis Piña e Manuel Rodríguez Vázquez, director xeral de Montes da Xunta de Galicia, mantiveron o pasado 25 de outubro unha reunión en Santiago de Compostela para tratar sobre sobre a limpieza da biomasa, tanto en núcleos como nas franxas e os problemas derivados das terras abandoadas.

Tamén abordaron a problemática das limpezas dos viais municipais no noso rural e o funcionamento das brigadas de incendios que, segundo explicou o Alcalde “deberanse matizar algúns puntos do Convenio entre Medio Rural e os Concellos para que éstas poidan ser máis operativas”.

Outro tema a tratar foi o Convenio de SEAGA que moitos propietarios da Cañiza asinaron coa empresa para a limpeza obrigatoria das franxas incluídas no Convenio e que a día de hoxe, todavía están sen limpar, a pesares de que a veciñanza ten aboado os costes destes traballos.

Tamén e non menos importante foi o tema exposto sobre o abandono do territorio o que provoca que a maleza se desborde e o Concello non dispoña de mecanismos burocráticos e legais para poder acometer estas limpezas por conta propia e despois repercutir os costes. Cun problema engadido, derivado da entrada nestas propiedades/ parcelas sen os preceptivos permisos legais. Neste caso púsoxe por riba da mesa a pregunta de cómo combatir esta situación.

Ademáis trataron sobre os efectos que está causando o cambio climático na nosa contorna, debido as altas temperaturas e tempadas de choivas intermitentes que están propiciando un clima menos atlántico e máis tropical que se traduce nun crecemento máis rápido da vexetación e matorral. Prácticamente inabordable para limpar, a pesares de que o Concello ten operativos nas estacións de máis crecemento ( de abril a setembro) 3 tractores desbrozadores e varias cuadrillas de limpeza.

A complexidade dun territorio de máis de 108 km que de cada vez está mais abandoado e os efectos do cambio climático. Dous problemas que repercuten directamente na operatividade e capacidade das brigadas de limpeza viaria municipal.

Xa para rematar Luis Piña expuso ao Director Xeral a problemática derivada das masas arbóreas situadas ás beiras dos camiños e pistas municipais e as raíces que levantan os asfaltados, principalmente os piñeiros. Luis Piña recordou que “arranxar 1Km de asfalto lle costa a todos os veciños 50.000,00€ e temos máis de 400 Km de viais. A forza e presión destas raíces provoca que o asfalto se deteriore e revente en menos de 4/5 anos, cando a previsión de durabilidade destas obras é de alomenos 20 anos”.

En palabras do Alcalde “tamén neste tipo de problemáticas, cando os Concellos temos obrigatoriamente que ir por vía executiva, nos atopamos con moitas trabas para poder culminar os expedientes pola lentitude na tramitación burocrática que nos fai perder capacidade operativa”. Por todo o anterior o Alcalde lle solicitou ao Director Xeral de Defensa do Monte poder adoptar medidas, para que poidamos mellorar as capacidades das administracións.