BNG O Porriño apoia aos ex empregados de Faurecia

Esixe á Xunta de Galicia intervir na cesión ilegal dos seus postos de traballo

O Porriño/BNG | O grupo municipal nacionalista rexistra unha moción solicitando que se exprese o apoio a reivindicación dos traballadores e traballadoras así como a colaboración da Xunta e doutras administracións para manter os 103 postos de traballo.

Desde o grupo municipal do BNG queremos denunciar as manobras dun fondo voitre que xoga coas vidas das nosas veciñas e veciños. Esta fraude precisa dunha solución que pasa pola participación da administración pública.