O “avó de Oia” cumpre 102 anos

Abel Diego Acevedo é veciño de Burgueira

Oia | O veciño de maior idade do concello de Oia, Abel Diego Acevedo, cumpriu esta fin de semana os 102 anos cheo de saúde e ledicia. Natural de Acevedo (Loureza), este veciño de Burgueira celebrou esta data tan especial na compañía dos seus seres queridos.

A alcaldesa, Cristina Correa, e máis a tenente de alcalde, Carmen María Estévez, visitaron o pasado domingo ao “avó de Oia” para felicitalo polo seu 102 aniversario e facerlle entrega dunha torta. Neste día de celebración, as representantes do Concello transmitíronlle o agarimo e bos desexos de toda a veciñanza.