Salvaterra acollerá un obradoiro de intelixencia emocional

Organizado polo Concello e a ANPA Chan da Ponte

Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño, en colaboración coa ANPA Chan da Ponte do IES Salvaterra de Miño, lanzan un obradoiro dirixido a mozos de idades comprendidas entre os 15 e 21 anos baixo o título “Toma de decisións e intelixencia emocional”.

A través deste módulo práctico e dinámico búscase que os participantes aprendan a tomar decisións e a identificar emocións de xeito que adquiran as ferramentas necesarias para a xestión emocional que precisan no día a día.

O obradoiro, que é gratuíto, ten prazas limitadas polo tanto respectarase a orde de inscrición segundo recepción e impartirase na Casa do Conde en dúas sesións no día 7 de setembro en horario de 9:15 a 14:00 h.

Os interesados e interesadas en participar deberán inscribirse antes do 28 de agosto a través do correo electrónico comunicacion@concellodesalvaterra.org indicando o seu nome, apelidos e teléfono.