Concello do Covelo ofrece apoio para a conciliación familiar

Durante a primeira semana de setembro ás familias con nenos de 3 a 12 anos

O Covelo | O Concello de Covelo informou que ten aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación dirixido ás familias con nenos de 3 a 12 anos para cubrir a súa atención matinal na semana do 1 ao 8 de setembro.

Todas aquelas familias que teñan dificultade en conciliar a vida familiar e laboral na primeira semana de setembro poderán inscribirse neste servizo que atenderá ás pequenas e pequenos de 08:30 a 14 horas.

O prazo de inscrición rematará o 22 de agosto. As persoas que desexen asesoramento deberán contactar cos servizos sociais municipais no número de teléfono 986 65 00 27 extensión 3.

Esta actividade está financiada pola Deputación de Pontevedra e por fondos procedentes do Plan Corresponsables da Secretaría Xeral da Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, do Ministerio de Igualdade e da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.