ITV para ciclomotores en outubro na Guarda

Cunha Unidade Móbil de inspección técnica

A Guarda | A Unidade Móbil 9 de inspección técnica de ciclomotores desprazarase ao Concello da Guarda nas seguintes datas e ubicacións:

Do 04/10/2023 ao 05/10/2023 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)

O horario de atención será de 9:00 a 13:30 pola mañá, e de 15:15 a 18:00 pola tarde. O servizo prestarase en horario de mañá e tarde todos os días, agás:

05/10/2023 que será horario só de mañá.

Para solicitar cita previa: por teléfono: 902 30 90 00. A través da nosa páxina web: www.sycitv.com – Cita previa

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.