V Andaina Popular en Arbo co gallo da Festa da Lamprea Seca

Será o sábado 12 de agosto con sorteo e agasallos entre os participantes

Arbo | Un ano máis o Concello de Arbo, organiza a Andaina Popular dentro da programación da Festa da Lamprea Seca.

Arbo, ademáis dunha paixaxe de ensoño, conta con outros atractivos historicos culturais que ben merecen unha visita e algúns os poderás coñecer nesta ruta.

A actividade arranca ás 10:30 horas dende o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Museo Arabo” con un percorrido de 8km e unha dificultada media-baixa e rematará na Carballeira de Turbela.

Os interesados en participar deberán realizar as inscricións no correo electrónico arabomuseo@gmail.com ou no teléfono 639829445 ata o 9 de agosto, haberá sorteos e agasallos entre os participantes.

As persoas que acudan a este roteiro poden participar noutras actividades lúdicas e culturais que terán lugar ao longo do día na Carballeira de Turbela, organizadas con motivo da Festa da Lamprea.

Na Carballeira de Turbela, un área recreativa con mesas, sillas e sombra, poderan degustar nos postos habilitados este manxar nas súas diferentes variedades, asada, rebozada, rechea… acompañada dos mellores viños das adegas de Arbo presentes no recinto incluidas dentro da D.O. Rías Baixas, mentras desfrutan coas actuación dos grupos de Arbo como Barca de Loimil e Mel de Meiga, Concertos, charangas…