Melloras nos parques infantís de Salvaterra

En máis de 23 parques das 17 parroquias

Salvaterra de Miño | Nestas últimas semanas empezouse a traballar nos arranxos e mellora dos parques infantís das nosas parroquias, co cambio de madeiras, pintado e adecentamento do espazo. Nesta primeira fase actuarase en máis de 23 parques infantís repartidos nas nosas 17 parroquias.

Salvaterra é un Concello que crece, que ten unha poboación infantil moi importante e por ese motivo dende o Concello inténtase chegar a zonas de ocio para os máis cativos en todas as parroquias, co fin de que poidan disfrutar dun espazo idóneo o máis cerca posible das súas vivendas.