Exposición polos 75 anos da Zona Franca

Estará exhibida na rúa Príncipe, fronte ao Museo Marco

Vigo | O Consorcio da Zona Franca instalou na rúa do Príncipe, diante do Museo Marco, unha exposición que repasa os seus 75 anos de historia.

A mostra súmase ás actividades do Consorcio para celebrar estes 75 anos, que culminarán cun congreso económico o 27 e 28 de xuño, Vigo Global Summit, que contará con dous premios Nobel de Economía, Paul Krugman e Abhijit Banerjee.

Os dez bloques da exposición abordan a xénese e posta en marcha da Zona Franca nos seus dez primeiros anos, cando Vigo xogou ben as súas cartas e gañou a apetecida concesión a Bilbao e Xixón; o impulso de Citroën e o desenvolvemento dos polígono de Balaídos, Bouzas, A Granxa e o Parque Tecnolóxico e Loxístico.

O parque empresarial de Porto do Molle en Nigrán e o impulso da Plisan en Salvaterra-As Neves; a iniciativa Abrir Vigo ao Mar; e os retos de futuro con catro proxectos estrela, que son o World Car Center, a planta de hidróxeno verde, a planta fotónica de microchips e o centro de negocios de López Mora.