David Bustamante estará na L edición da Festa da Rosa de Mos

Actuará o venres 9 de xuño ás 22 horas no Campo de Fútbol das Baloutas

Mos | A Festa da Rosa cumpre 50 anos este 2023, trascorridos xa desde a primeira edición celebrada no 1973. E faino con David Bustamante como cabeza de cartel da programación deste ano.

Na presentación da L Edición da Festa da Rosa que tivo lugar esta mañá no Pazo de Mos estiveron presentes a Directora Turismo de Galicia, Nava Castro, a Alcaldesa, Nidia Arévalo, representantes da productora Esmerarte, das asociacións culturais mosenses, Asociación de Hostaleiros, Mulleres Rurais, clubes deportivos implicados na programación, o gaiteiro Xulio Lorenzo, membros da directiva da Fundación Pazo de Mos, a Concelleira de Cultura, Turismo e Participación Cidadá, Sara Cebreiro e demáis membros do Goberno local.

Por outra banda, desde o 23 de maio ao 13 de xuño as rosas de Mos serán as protagonistas do noso municipio. 14 asociacións culturais e veciñais acollerán por segundo ano consecutivo os cursos de Secado de Rosas, Xabóns de Rosas e Estampación de Rosas pintadas en tea.

Ademáis todos/as os/as alumnos/as participaran de estes cursos presentando rosas das súas parroquias na asociación. Encheremos as redes de rosas potenciando o símbolo do noso escudo. Teremos moita rivalidade entre as rosas das 10 parroquias, que competirán tamén o propio dia 13 xa que nas bases desta  edición, recollen novamente un premio á mellor Rosa de cada unha das 10 parroquias mosenses.