Ponte nas Ondas! promove os xogos tradicionais nas escolas galego-portuguesas

Coa campaña "En Maio Ponte...a Xogar!"

Vigo | Poñer aos nenos e nenas a xogar, esse é o obxectivo da campaña que Ponte…nas ondas! Promoven neste mês de maio nas escolas e institutos de Galicia e Portugal baixo o lema : En Maio Ponte…a Xogar!

A campaña pretende converter os durante o mes de maio os espazos recreativos dos centros escolares galegos e portugueses, em grandes espaços lúdicos nos cales, durante os tempos de lecer, se practiquen os xogos populares como forma de transmitilos e de compartilos.Ponte…nas ondas! suxire un conxunto de jogos, coas instrucións para o profesorado e para o alumnado coa finalidade de ofertar unha variedade de propostas para que libremente sexan escollidos.

As escolas podem decidir os días da semana para dedicar á actividade e no final mês podem enviar fotos, vídeos ou podcasts para publicar no portal “Escolas nas Ondas” (www.escolasnasondas.com).

Todos os xogos teñen un carácter inclusivo e participativo. A proposta comprende xogos estáticos e outros mais dinámicos co obxectivo de se poderen adaptar a todas as situacións, tanto de carácter persoal como climatolóxico.

Naturalmente cada escola poderá complementar a gama dos jogos a praticar com aqueles que considere oportuno, ainda que não façam parte da proposta.

Tamén cantando !
A partir da composición vídeoclip “A ponte”, cantado por ilustres músicos de Galicia, Portugal, Brasil e Mozambique proponse aos centros unha actividade para divulgala entre o alumnado.

Anímase ao alumnado a que a fagan súa e a reinterpreten cantada por eles mesmos. Poderán cantar só o retrouso, a canción enteira ou algunhas partes, á súa libre elección, para gravala despois en formato audio ou vídeo podendo combinar as voces dos nenos e nenas coas dos artistas.

Inclúense no enlace http://pontenasondas.org/ponte-a-xogar/: o vídeo enteiro, o audio , a música só para gravar por riba, as voces… Todos os traballos recibidos deben ser enviados para o enderezo: web@escolasnasondas.com.