Mellora integral do campo de fútbol da Cañiza

Cun importe de case 600.000€

A Cañiza | Un proxecto maduro que hoxe se presentou ante a Deputación Provincial, no marco das axudas PON2030, que posibilitará que o Concello da Cañiza poida financiar o investimento desta importante actuación en máis de 500.000,00€.

Unha ambiciosa obra de mellora e rehabilitación cun investimento de 599.935,27€  impostos engadidos, dos que 416.650,65 corresponden a execución de obra, 54.164,58€  ao 13% de gastos xerais e 24.999,04 ao 6% de beneficio industrial. A estes tres conceptos hai que engadir o 21% de ive que suma outros 104.121,00€.

A enxeñería Calderón&Asociados Ingeniería Medioambiental, foi a encargada de redactar este proxecto, baixo o título de “acondicionamento e mellora da eficiencia enerxética do Campo de Fútbol das Augas Férreas”.

As obras deste importante proxecto contemplan os traballos de substitución de todo o céspede sintético do terreo de xogo (104,40m x 65m). Cambio da rede de rego e dos sistemas de iluminación do campo de fútbol coa colocación ademáis de 4 grandes torretas de luz. Impermeabilización da cuberta dos vestiarios. Construcción dunha caseta para aloxar unha caldeira de biomasa que substituirá á caldeira de gas-oil e colocación dun silo.

Ademáis se reformarán as instalacións de ACS (calefacción dos aseos, vestiarios e duchas), o saneamento e os sistemas eléctricos. Por outra banda habilitarase un novo acceso á instalación polo extremo norte e sanearanse os muros de bloque perimetral de todo o recinto deportivo.

Unha actuación que reformará integralmente esta instalación deportiva, na que entrenan e xogan os nenos e nenas e demáis integrantes do Clube de Fútbol Cañiza, en todas as súas categorías e actualmente presenta grandes deficiencias derivadas do paso do tempo, entre elas o degaste das fibras do céspede. A execución desta reforma é outro dos compromisos adquiridos polo Alcalde co fútbol da Cañiza, atendendo á grande afección a esta disciplina no noso Concello.

O proxecto ten por obxectivo  por en valor a instalación deportiva, desgastada xa polo uso. Garantir que esta práctica deportiva se poida desenvolver nun ambiente sano e promover a eficiencia enerxética e a sostibilidade da instalación nos consumos eléctricos, dotando ao campo de iluminación LED, na reducción dos consumos de auga no rego do céspede coa colocación de aspersores eficientes co ciclo da auga e a substitución da caldeira de gas-oil por biomasa, entre outras actuacións.

David Regades visita as obras do Skatepark e Pumptrack
O Delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades acompañou esta mañá ao  Alcalde  na visita ás obras, para ver de primeira man a evolución da construcción das pistas Adxudicada á empresa Prace Servicios y Obras SA, o proxecto estivo redactado pola empresa  Geourban Ingeniería Ambiental y Urbanismo S.L. e dirixida por Alex Durán, deseñador e técnico da empresa viguesa Cromoly S.L, quen xa describiu o novo parque como “o máis completo de Galicia” por toda a variedade de pistas que ofrece: Bowl, Pumptrack e Street.

As obras se están desenvolvendo na contorna do edificio da actual Escola de Música, na rúa Silleda, nunha superficie total de 3.305 m2, dividida en zona verde (con 744 m2), zona de skatepark (1.820 m2), zona de pumptrack (715 m2) e por último una pequena zona de acceso de 26 m2.

O orzamento das novas instalacións deportivas ascende a un total de 324.267,22€, subvencionadas  pola Liña 1 de Investimentos do Plan Concellos da Deputación con 289.991,08€.

Este novo espazo deportivo responde a un deseño seguro, ao aire libre, seguindo a política do Equipo de Goberno de mellorar as instalacións públicas, apostar por novas disciplinas deportivas, como é o caso do Skatepark e do Pumptrack e ademáis aproveitar este novo recurso para xerar un atraente turístico máis dentro da Comarca.

A Cañiza acollerá o 16 de xullo a I Edición Pumptrack, aprobada pola Federación Galega de Ciclismo. Unha nova disciplina deportiva que se converterá tamén en reclamo, para uso da veciñanza e visitantes que decidan apostar por A Cañiza como destino turístico. Os trazados das pistas de skatepark e do pumptrack buscan a integración de todos os usuarios segundo a idade, modalidade e experiencia. Incluirá elementos innovadores de tal modo que unha persoa menos experimentada poida acadar unha evolución superando diversas etapas dunha forma segura.