Homenaxe aos arbenses na Gala da Lamprea

Realizouse este 21 de abril no marco da LXIV Festa da Lamprea

Arbo | O pasado domingo 21 de abril ás 18:00horas, o Auditorio do Centro Multiusos de Arbo, realizouse a Gala da LXIV Festa da Lamprea.

No citado acto farase Entrega dos premios ao alumnado do CEIP Antonio Carpintero gañadores/as do concurso de debuxo e redacción da LXIV Festa da Lamprea, do Certame Brais Alonso e do Concurso de Carteis da LXIV Festa da Lamprea.

Fíxose un repaso e recoñecemento aos deportistas arbenses que destacaron no ano 2023 e 2024 entre os que se atopan As patinadoras (María, Carmen, Iría, Candela, Daniela, Eliana e Marta), o equipo de biberóns do Arbo C.F, ao futbolista Manu Castro, ao Equipo de Veteranos de Fútbol de Arbo e ao Equipo de Futbol Sala Muebles 2000 F.S

Nesta Gala tamén outorgamos o galardón de Arbense Distinguido, máxima distinción que outorga o Concello de Arbo, e que neste 2024 recaiu nos Irmans Puga Justo, Alfonso ( da Capitana), Xesús (Pequerricho) e Xosé (Xosé da Casanova) por ser continuadores da música dos Vellos Gaiteiros, ser unha referencia musical da Vila de Arbo, formar parte da historia da Festa da Lamprea por ter amenizado ao son das súas gaitas os actos festivos dende a súa Primeira Edición, por continuar, transmitir e conservar unha variada tradición popular, incluídos os compases da “Danza da Nosa Señora do Libramento” e a A.C Barca de Loimil fío de unión entre os vellos gaiteiros, os Irmáns Puga coas novas xeración de Gaiteiros.

Por ser xunto cos Vellos Gaiteirose os Irmáns Puga un referente cultural creador e acolledor e seguir transmitindo e mantendo as tradicións arbenses e por ser un símbolo social e cultural do que é un pobo raiano.

Dentro do progama de actos esta a actuación de Antonio Barros, con Cantigas Populares Galegas.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.