Xunta de Galicia construirá 20 vivendas de promoción pública en Mos

O goberno autonómico agradeceu ao Concello a cesión dunha parcela de 2.000 m2

Mos | A vicepresidenta segunda en funcións da Xunta de Galicia Ángeles Vázquez visitou Mos para informar que se está a ultimar o proxecto básico do edificio, previo á licitación das obras, e agradece ao Concello a cesión da parcela de 2.000 metros cadrados na que se van desenvolver as actuacións.

Vázquez trasladou á rexedora mosense Nidia Arévalo a vontade do Executivo galego de estudar novas iniciativas neste eido se o Goberno local conta con terreos de uso residencial nos que poder levantar máis VPP. A Administración autonómica avanza na súa estratexia para que o parque público residencial de Galicia chegue ás 8.000 vivendas en 2028.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.