“Da Túa Man” xa está nos comercios da Cañiza

O Concello repartiu as bolsas co mensaxe deste proxecto provincial

A Cañiza | “Da Túa Man” é unha iniciativa na que participaron 11 Concellos da provincia de Pontevedra ao abeiro do Plan de Recuperación NextGenerationUE financiado por la Unión Europea.

Na Cañiza este programa de impulso contou cun investimento de 139.954,77€, dos que o Ministerio aportou o 70%, é dicir, 80.965,57%, a Deputación asumiu o 15% do total e todo o IVE repercutido que ascendeu a 41.639,43€ e o Concello da Cañiza aportou o restante 15% con recursos propios. Un total de 17.349,77€.

O reparto das bolsas con mensaxe e a creación dunha web exclusiva para o noso Comercio serán as dúas últimas actuacións deste programa formado por 5 bloques de actuación e 13 iniciativas que teñen por obxectivo transformar e adaptar o pequeño comercio da Cañiza ás dinámicas dixitais e ao comercio on-line.

Segundo avanzou o Alcalde Luis Piña “onte comezamos a repartir entre os 36 establecementos da Cañiza adheridos ao proxecto “Da Túa Man”, máis de 26.000 bolsas de plástico, recicladas e de algodón. Un novidoso packaging sostible e reutilizable que ademais de servir para reforzar a imaxe de marca do comercio local, funcionará como soporte para o lanzamento de campañas de sensibilización en relación á economía circular, a través dun código QR impreso no mesmo”.

Os comerciantes están recibindo tres tipos de lotes de bolsas de diferentes tamaños e materiais para servir os seus produtos: de plástico, de algodón e de reciclado compostable.

O Alcalde explicou na presentación desta nova acción, na que tamén estiveron presenten membros da Directiva da Asociación de comerciantes da Cañiza que “con estas bolsas búscase concienciar sobre a importancia de reciclar os materiais e reforzar a imaxe de marca do noso comercio respectuoso co medio ambiente e que potencia o consumo responsable”.

Como novidade, as bolsas levan un código QR impreso onde se poden consultar diferentes campañas de sensibilización que teñen por obxecto mellorar a xestión de residuos ou información con pequenas accións que se poden desenvolver no día a día para contribuír á loita contra o cambio climático. Esta acción enmárcase no proxecto “Da Túa Man” que a Deputación provincial puxo en marcha no 2021 coa intención de visibilizar e modernizar o comercio local e rural para adaptalo aos novos hábitos de consumo.

Ata o día de hoxe, e grazas a este proxecto, na Cañiza se teñen instalado tótems dixitais interactivos para a promoción do comercio local, illas ecolóxicas para a recollida selectiva de residuos, bancadas, posta en marcha de cursos e formacións para os comerciantes, un punto de recollida de paquetería e próximamente implementarase unha nova web exclusiva para o noso Comercio.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.