Finalizada a primeira fase da reforma da Praza de Abastos do Porriño

Reabrirá as súas portas cos seus postos de venda

O Porriño | As obras da primeira fase da reforma integral da Praza de Abastos do Porriño xa concluíron e os praceiros e praceiras volverán atender á veciñanza nos seus postos de venta desde este martes.

A mellora atendeu unha antiga demanda de praceiros/as e usuarios/as, a renovación integral do pavimento e das instalacións de fontanería, saneamento e infraestrutura eléctrica, así como a incorporación de iluminación led e sistemas dixitalización. Traballouse tamén na reparación de danos estructurais que presentaba o edificio, tanto no interior como no exterior, mantendo sempre a esencia da obra de Xosé Bar Boo.

Lembramos que esta só é a primeira intervención dun proxecto de renovación global que afectará tamén á contorna, mellorando os espazos colindantes, reordenando a circulación, habilitando espazos de aparcamento e renovando a fachada. Todo isto no marco dun proxecto conta cun orzamento de 231.000 euros financiados no 80% pola Xunta de Galicia a través da consellería de Economía, Industria e Innovación.

Unha vez finalizadas, a actividade retomarase no edificio este martes cun acto inaugural ao que está convidada toda a veciñanza do Porriño. Con motivo do traslado dos postos de venta á súa ubicación orixinal, permanecerán pechados os de peixe e froiterías ata o martes e as carnicerías e florerías tamén pecharán o luns.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.