Concerto de Primavera da Coral de Arbo

Este 24 de marzo adicado aos amigos

Arbo | O vindeiro 24 de marzo ás 18:00 horas o Auditorio do Centro Multiusos de Arbo acolle o Concerto de Primavera adicado aos amigos da Coral, organizado pola Coral Polifónica de Arbo coa colaboración do Concello.

A Coral Polifónica de Arbo foi fundada no ano 1996,coa finalidade de contribuír a difusión do canto tradicional e popular na súa mais pura esencia, creando un vencello de unión con outros pobos e outras culturas, contando sempre co apoio do Concello de Arbo, o cal esta Coral representa dentro da súa humildade coa maior satisfación. Esta composta por 35 voces mixtas, e dende o seu inicio dirixida por D. Víctor Fernández Nogueiras, gran profesional da musica e gran  experto na dirección de masas corais.

A Coral Polifónica de Arbo, colabora activamente co Concello de Arbo a prol da cultura arbense, así como participando en encontro nacionais e internacionais de Corais, levando o nome de Arbo, sempre alí a donde van.

Pola Coral Polifónica de Arbo, que xa celebrou as súas vodas de prata, teñen pasado moitos veciños e veciñas de Arbo, así como de outros municipios limitrofes, e neste concerto, queren agradecer non so aos coralistas que formaron parte desta gran familia, senon a todos e todas aqueles e aquelas, que os apoiaror durante os seus máis de vintecinco anos de vida.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.