Salvaterra no Camiño!

A Ruta Francesa sairá o 27 de marzo

Salvaterra de Miño | Un ano máis o Concello de Salvaterra organiza o Camiño De Santiago (Ruta Francesa). Sendo coñecedores da gran expectación que causa esta experiencia na veciñanza, o Concello ten programada a saída o mércores 27 de marzo ás 07:00 horas dende a Praza do Concello.

As noites xa están organizadas, onde cada persoa pagará o seu aloxamento e os autocares correrán a cargo do Concello.