Casos e cousas que deberan preocuparnos.

Veñen de celebrarse eleccións autonómicas en Galicia e xa todos Vdes. coñecen os resultados. O votantes deste País dixeron que era mellor un malo coñecido que un bo por coñecer e decidiron quedarse co goberno que xa tiñan. Foi un erro? Equivocáronse? Non serei eu que vaia a calificar os comportamentos dos votantes.

Nunha sociedade democrática os cidadáns deben ser libres de elixir aos representantes políticos que entendan mellor os que van a servir. Se non é así terán a oportunidade dentro de catro anos que poden “cambiar de cabalo”, permítanme a expresión.

Hoxe vou limitarme a facer uns breves comentarios sobre temas diversos, como diversa é a sociedade que vivimos.

Comenzarei cun tema xa coñecido por todos Vdes. pero que nos pode valer para facer comparacións con cuestión novas que se están dando nesta nosa sociedade.

Estou falando do Palmar de Troya, esa secta católica que ten incluso Papa propio; que canonizou a Franco e excomulgou ao rei Emérito Juan Carlos I.

Un tal Papa Clemente aproveitase dunha suposta aparición mariana ante 4 raparigas novas e autoproclámase Papa, e segundo afirma, fala con Jesucristo. Os sus fieis, tras un estudiado lavado de cerebro, sométense a un réxime de escravitude, ou a calquera outro que lle permitira a salvación das súas almas en tempo récord.

Ao tempo de enterarnos de que o Papa Clemente segue coa súa Igrexa, dámonos de fuciños con tertulias organizadas por sacerdotes, neste caso de obediencia vaticana que, entre outras lindezas, rogan pola morte do Papa Francisco, con comentarios homófobos e vivas a Franco; algúns destes sacerdotes claman por poñer unha bomba no Vaticano.

“Tertulias organizadas por sacerdotes, neste caso de obediencia vaticana que, entre outras lindezas, rogan pola morte do Papa Francisco”

Salvando as diferencias aquí temos unha organización política que nace en resposta, segundo os seus dirixentes, á situación de deterioro que estaba sufrindo España, un país de fortes crenzas relixiosas e que ultimamente se estaban a poñer en tela de xuizo cousas coma a maternidade, a educación en valores morales e relixiosos, en celebrar casamentos, pero pola Igrexa, con forte fanfarria de “preparación para el matrimonio”, e non sei cantas cousas mais. Pero, curiosamente, unha grande parte dos españois consideran que esa limpeza de conciencias debe darse nese País. Aí están os centos de miles de seguidores que teñen e a importante representación no Parlamento do Estado; así como a presencia no goberno de moitos Concellos municipais, igualmente en varios Parlamentos autonómicos.

Igual que os sacerdotes arriba mencionados gustaríalles unha igrexa particular e otro tipo de Papa porque deste que temos, segundo o seu criterio, non nos podemos fiar. Utilizan bandeiras preconstitucionais e a Franco non lle teñen boa fe.

Podemos falar agora dun escritor novo e con ideas novas. Xulguen Vdes.
Chámase Juan Pinilla, licenciado en Traducción e Interpretación, fixo estudios de Dereito e de Linguas Clásicas asi como destacado bailador flamenco. Afirma que se os Borbóns seguen exercendo de “borbóns”, os seus ollos verán a 3ª República.

Rende homenaxes a traballadores andaluces, admira a Rafael Alberti e a Paco Umbral. Asegura que non lle interesan os títulos máis que para dispoñer dun serio zurrón intelectual

Afirma que dende que hai subvencións os artistas deixaron de ser libres para converterse en escravos “tutelados”.

Outro tema de actualidade é o dos horarios dos traballadores da hostalería.
A Vicepresidenta Segunda Yolanda Díaz, logo dunha viaxe a EEUU, lanzou a proposta de que habería que estudiar os horarios de bares e restaurantes. Que non é de recibo que estean abertos ata as dúas da mañá.

Inmediatamente saiu en tromba a Presidenta da C. Madrileña respostándolle que a vida nocturna madrileña reporta moito diñeiro á cidade e que o que ela pretende é controlar a vida dos madrileños e rematar coas horas de ocio nocturnas.

Obviamente saíron á palestra voces dun e doutro lado do tabuleiro. Pola parte dos empresarios estaba claro cal sería a súa resposta sempre que algo lle vaia ao peto; pola parte das organizacións sindicais foron mais prudentes indicando a necesidade dun debate serio neste eido para buscar unha solución que non prexudique a ningunha das dúas  partes: empresarios e traballadores.

“Queremos traer aquí as declaracións dun traballador que opina sobre a súa saída e as horas traballadas. De entrada xa nos di que a hostalería é un territorio sen lei”

Hoxe nós queremos traer aquí as declaracións dun traballador que opina sobre a súa saída e as horas traballadas. De entrada xa nos di que a hostalería é un territorio sen lei onde non se respecta ningún tipo de convenio.

El pide que se paguen as horas extras e as de nocturnidade. Luis, nome ficticio, permítese a ironía ao dicir que o restaurante onde curra pecha ás 2 da mañá e os fins de semana media hora máis tarde pero el sae dalí un par de horas despois. Non importa que saia ás 4 da mañá ou mais tarde porque o seu móbil ten instalada unha aplicación que rexistra automaticamente a súa saída ás tres da mañá. Tamén nos di que non se paga o complemento de nocturnidade aos que traballan de noite.

A Vice-presidenta 2ª Yolanda diaz fala de axustar os irracionais horarios nocturnos na hostalería e pagar mellor aos que traballen a partires das 22 horas. As declaracións da Presidenta madrileña a súa resposta foi: “Fixese Vde. se estamos a favor do ocio madrileño que pretendemos reducir o horario dos traballadores para que poidan disfrutar dese ocio que Vde. indica”.

Quedan moitas outras cousas de actualidade nas que debéramos fixarnos. Sobre todo naquelas en que a nosa vida e o futuro dos nosos estea en perigo. Podo asegurarlles que nestes momentos existe un montón de temas preocupantes. Non lles vou convidar a reflexionar por mais porque me pasaría do espazo que se me permite neste xornal. Outro día podemos falar doutros temas tamén da actualidade.

Como dicían os humorista Tip e Coll: “el próximo día hablaremos del gobierno”.

Mestre retirado. Realizou estudios de Filosofía e Letras, Dereito e Ciencias Políticas, Francés e Galego. Un dos fundadores da UCSTE, foi membro do consello nacional do «Movemento de Mestres». Fundador de «A PENEIRA» (1984). Director de «Novas do Eixo Atlantico»